UNHA TARDE NO MUÍÑO
PROGRAMA Nº 24. LUNS 15 OUTUBRO 2018
Sintonía e presentación que Roberto Taboada fai de Thibuilt Nacan e Aureli Lemoine, artistas franceses que percorren as costas facendo encontros populares coas xentes dos distintos portos para convivir e presentar a súa arte. Estarán en Canido o vindeiro domingo.
En Polo correo do Vento, Rafa fai presentación da vindeira programación de Muíño do Vento. Dende este mesmo correo mandamos saúdos , en forma de canción, para traballadores e traballadoras de Ados.
Xustiza ou Caridade foi o tema desenvolto por Rafa Aguirrebengoa en Outra Información é posible.
Francisco López, Fran, presenta a súa declaración en Vivo, penso e declaro.
Continuando coa Ecoloxía do cotián, Camilo Casal argumenta a necesidade do aforro enerxético no fogar. Hai que ter conta do uso de calquera aparello que consuma enerxía ( lavadora, lavalouzas… ) e racionalizar o seu uso que dun xeito correcto vai en beneficio propio e do medio ambiente.
Das Wander e saúde para camiñar.
PROGRAMA COMPLETO