UNHA TARDE NO MUÍÑO
PROGRAMA Nº22. LUNS 1 OUTUBRO 2018.
Lembranza e recoñecemento de Gilberto.
Foi o xeito de comezar este programa 22. Lembranza e recoñecemento do colaborador de Muíño Angel Gilberto Martínez Seoane . E o pesar, o cariño e a solidariedade para a súa familia, representada no programa pola tía Maru.
Mais a vida continúa . Roberto Taboada comenta a situación actual do proxecto do aparcamento que o Concello ten previsto realizar en Canido. Comentario sobre comedor sénior e sobre outras actividades planificadas dende a Asociación Veciñal.
Rafa Aguirrebengoa desenvolve Outra información é posible, informando sobre vindeiras actividades de Muíño do Vento e pasando logo a comentar a situación catalán.
Camilo Casal, compoñente de Lapis Verdes, reabre o obradoiro medioambiental para falar da Ecoloxía do Cotián. O necesario cambio de hábitos para acadar aforro enerxético no fogar, no coche,…na vida do día a día.
Despedida, mentres soa a Marcha de Breixo, en lembranza do compañeiro Gilberto.