UNHA TARDE NO MUÍÑO
PROGRAMA Nº 5. LUNS 20 DE NOVEMBRO DE 2017
Programa monográfico co título Violencia de xénero nunca máis .
Asisten ao programa Chus Prieto, traballadora social e docente de teatro, Ana Cobo, Psicóloga experta en igualdade, Inés Bouza, Presidenta de Alvixe (Asociación para a loita contra a violencia de xénero), Noelia Darriba, educadora social e terapeuta, socia fundadora de Atalaia, Verónica Cinza, socia e usuaria de Alvixe.
Tamén tivemos en directo a Maite Dacosta, cantante, actriz docente de teatro. Maite comezou o programa coa interpretación da canción Certo pan de cada día.
Debate sobre a denominación correcta concluíndo todas as presentes en que a denominación máis correcta é Violencia machista.
Xustificación da data, actos a celebrar na comarca, implicación das administracións, fiabilidade de campañas e números, proceso da violencia…e unha hora de debate que quedou curta.
Debate dende a razón e dende o corazón. Maite pechou a emisión deste emotivo programa coa canción Minoría Mulher.