HEROÍNAS COTÍAS NO CENTRO CÍVICO CANIDO

HEROÍNAS COTÍAS NO CENTRO CÍVICO CANIDO

O domingo 26 de novembro,  nun Centro Cívico repleto, tivemos unha nova oportunidade de desfrutar de «Heroínas» representada polas muiñeiras do grupo de Teatro de Muíño de Vento.

Un repaso polas heroínas cotiás, polas mulleres anónimas que formaron parte da historia da cidade, ou mulleres ilustres como Concepción Arenal, mulleres coas que compartimos o día a día…

A obra dirixida por Agustín Bolaños, que tamén é o profesor de teatro do grupo, leva xa un longo percorrido por toda a cidade, logo de 2 meses de ensaios.

Unha representación que ten alma e corazón, e que ten unha bonita aportación das historias persoais das actrices, poñendo ante o espello as súas (nosas) propias vivencias. Un relato que reivindica as mulleres, como verdadeiras heroínas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *