Fernando Miramontes Vázquez

O xoves 24 de xaneiro de 2013, tivo lugar, no salón de actos da Sociedade Galega de Historia Natural, o segundo dos nosos Parladoiros ao serán, actividade que, cunha periodicidade mensual, quere amosar as vivencias de veciños e veciñas de Canido.

directiva 021

Presentado por Eliseo Zaera, relator do primeiro Parladoiro, nesta ocasión contamos con Fernando Miramontes Vázquez, coruñés do 1935 aínda que ferrolán, como el mesmo se definiu nada máis empezar a charla.

Foi un acto intenso, no que o numeroso público seguiu con atención os recordos dunha traxectoria persoal ligada ao compromiso político dende o ano 1962, cando, durante a súa estancia en Francia, se afilia ao Partido Comunista.

Coincidiron as intervencións do público durante a quenda de preguntas, na coherencia que mantivo Fernando Miramontes no seu labor como concelleiro no Concello de Ferrol en varios gobernos municipais da etapa democrática, do que destacou a súa capacidade de traballo e a busca de acordos máis alá de intereses ou ideoloxías.

Non só as palabras estiveron presentes no seu relatorio, pois foi quen de convertelas en imaxes ao relatar as súas actividades na clandestinidade -despois de regresar a España pois ve que o seu traballo político en Francia non é todo o produtivo que desexa-, e as torturas sufridas durante as detencións, que espiu de calquera sentimento de rancor ou vinganza.

miramontes-3  

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *