Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

#MaiosNaXanela

2 mayo, 2020 - 3 mayo, 2020

Velaí ven o maio e atópanos confinados nas casas e con permisos taxados de saída a rúa para facer as compras, acudir aos nosos traballos e realizar só as actividades permitidas.
Xa ven o maio e, nestes malfadados tempos, as festas do noso barrio, con espíritu cheo de convivencia, música, baile, flores e xogos compartidos, teñen que subirse aos nosos domicilios para tomar corpo.
Son varias as entidades do barrio que nos temos sumado á iniciativa CELEBREMOS OS MAIOS NAS NOSAS XANELAS.
Os días 2 e 3 de maio imos celebrar a Festa dos Maios, adornando as nosas xanelas.
Decoraremos as nosas ventás enchéndoas de cor con flores certas e verde auténtico aqueles que poidamos e con imaxinación, deseños e expresións florais mais ou menos artificiais os que non teñamos outros materiais.
Para acompañar este movemento veciñal xa temos o cartaz debuxado por Sofía Piñeiro e as cantareliñas do Maio do Coronavirus que nos achega o muiñeiro Antón Cortizas.
 
Velaí ven o maio, xa están aquí os #MaiosNaXanela

Detalles

Comienza:
2 mayo, 2020
Finaliza:
3 mayo, 2020