1.- Muiño do Vento é unha asociación sociocultural sen ánimo de lucro, destinada a crear e potenciar as actividades sociais, de cultura, de lecer e tempo libre dos veciños e veciñas do barrio ferrolán de Canido. En ningún momento a asociación representa a ningún organismo institucional nin se atopa emparentada cos movementos veciñais preexistentes.
2.- Muiño do Vento só se fai responsábel das informacións verquidas a través dos diferentes artígos contidos nesta web. En ningún momento, recoñeceremos como nosas as diversas opinións e informacións que poidan proceder dos usuarios/as rexistrados/as. Igualmente, a asociación tampouco se fai responsábel de se algún usuario/a incumple a Lei de Protección de Datos ou da lexislación que defende os dereitos de autor.
3.- Todas as imaxes, vídeos, textos e demais materiais que Muiño do Vento introduce na súa web cumpren a lexislación vixente, xa por ser de propiedade da Asociación, como por contar coa autorización dos seus propietarios/as ou ser de distribución libre.
4.- En cumprimento co estipulado na Lei de Protección de Datos, todos os datos de subscripción dos usuarios/as da web serán gardados no correspondente ficheiro cuxa copia será remitida ao organismo regulador competente. Así, Muiño do Vento quere garantir a absoluta privaticidade das persoas rexistradas na web e dos datos persoais ou identificativos das mesmas.
5.- Muiño do Vento reservase o dereito de dar de baixa aos usuarios/as da web que incumpran a lexislación vixente en canto ao que atinxe a comportamentos pouco cívicos, insultivos ou simplemente aqueles que atenten contra os principios que defende a Asociación. Por semellante motivo, todo comentario ou colaboración que se considere non apropiado será excluído da web.