VII Certame literario «Inventa unha flor»

O día 4 de maio, como parte do programa da festa dos Maios, Muíño do Vento celebrou no Centro Cívico a VII edición do Certame Literario Escolar Inventa unha flor. Alumnado dos centros educativos participantes -CEIP Juan de Lángara, Colexio San Rosendo, CEIP Cruceiro de Canido e IES Canido-, leu os traballos escollidos e interpretou as cancións ensaiadas en cadanseu colexio baixo a dirección do profesorado de música.

O Grupo de baile Mario Escudero abriu a festa, como vén facendo desde a primeira edición, e nesta contamos coa participación do coro Concerto Tempiño, que pechou o acto.

Colexios, presentadores e alumnos recolleron a medalla do certame, obra da ceramista Susana González Amado, e estes últimos, ademais, un diploma acreditativo da súa participación.

A colaboración do Concello, da AVV de Canido e de persoas a título particular foi imprescindible para que todo saíse como estaba previsto. Mil grazas a todos.

GALERÍA DE FOTOS

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *