Treboada a cargo do Obradoiro de Percusión

Na noite do 23 de xuño de 2017, o primeiro obradoiro de percusión Muíño do Vento coa colaboración de algúns amigos e simpatizantes, participou na «Festa do Lume», organizada pola Asociación de veciños de Canido.

Nesta noite máxica, contamos coa presenza do Nubeiro, Señor das treboadas. Personaxe da mitoloxía galega de aspecto impoñente, forte e grande, vestido con peles negras, que ten o poder de convocar ás nubes e facer que «chova, sarabie, trone, lostregue, neve,….. dono e señor do trebón». Que foi maxistralmente interpretado por Emilio Romero.

O Obradoiro de Muíño interpretou dúas pezas: “Coa aixada ao lombo” ou tamén chamada «Treboada portuguesa” e «Treboada de Tomiño».

O grupo percorreu parte do barrio ao ritmo de bombos, trécolas, charrascos e gaitas, terminando a súa actuación ao pé da fogueira.

Agradecementos especiais para Emilio Romero, profesor do obradoiro de construción de instrumentos do Padroado do Concello de Narón pola súa participación, e ao propio Padroado de Narón por prestarnos xenerosamente os instrumentos de percusión para poder facela treboada.

Gozamos dunha agradable noite de verán, unha noite máxica de San Xoán  que contou coa numerosa participación alegre e resolta da veciñanza e persoas doutros barrios que se achegaron a Canido.

Grazas a toda a veciñanza  por facer barrio.

GALERÍA DE FOTOS

 

Responder a Anónimo Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *