Tertulia con María Fernández Lemos, Conselleira de Mobilidade e Urbanismo.

O pasado 22 de Xuño tivemos na “Tertulia no Muíño” a María Fernández Lemos, Concelleira de Mobilidade e Urbanismo.

Ámeno encontro no que tertulianos e tertulianas puideron achegarse ao coñecemento das liñas mestras que nas súas áreas está a desenvolver María Fernández.

Comezou a tertulia cunha aproximación ao estado xeral do urbanismo en Ferrol, manifestando a Concelleira que, en xeral, Ferrol non sufriu o grande deterioro doutras cidades e que aínda ten lugares dun grande interese urbanístico.

Continuou a Tertulia coa temática da peonización e a súa incidencia no barrio de Canido, salientando o consenso que houbo sobre a necesidade de dotar a Canido de zonas de aparcamento humanizadas que fixeran atractivo o vivir e vir ao barrio.

Outro tema de debate foron os acesos a Canido, concluíndo que hoxe en día é un barrio doado de andar mais illado do Centro. É necesario plantexar a construción de accesos que superen o illamento e fagan posible “baixar” ao Centro á xente maior e veciños con mobilidade reducida.

Á problemática do Convenio con Defensa sempre anelado e nunca acadado, a a compra e posta en valor do Chalet de Canido, o Plan para o Sánchez Aguilera, O plan Xeral de Urbanismo e a súa incidencia en Celso Emilio, a posta en marcha do Centro Cívico…

Moitos temas tratados na Tertulia do Muíño e unha petición da convidada “O urbanismo é cuestión que atinxe a todos e polo tanto todos e todas debemos participar “.

GALERÍA DE FOTOS

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *