Relatorio “Manuel María e as Letras Galegas”

Muíño do Vento sumouse á celebración do Día das Letras, cun relatorio que, baixo o título Manuel María e as Letras Galegas, impartiu o escritor Antón Cortizas.

Manuel María, a súa importancia para a nosa lingua, os seus grandes abanos poéticos: a poesía social, a lingua, o amor e a Natureza. Na súa voz escoitáronse varios poemas. E logo, a data das Letras Galegas, que máis ca unha homenaxe a alguén, é a lembranza de que temos unha lingua: a necesidade de falarmos galego no día a día, sen máis demora nin contemplacións. A situación dramática na que se atopa a nosa lingua pola perda de falantes que día tras día aumenta, sen que se faga nada para evitalo, nin pola xente en xeral -e en particular-, nin por quen ten a obriga política de velar para salvar a máis grande obra de arte que o noso país ten, que é a lingua, que mostra máis empeño en que as crianzas aprendan antes o inglés có galego (o castelán xa se dá por suposto). Disto e de algo máis falou Antón Cortizas no relatorio, que tivo lugar o día 12 de maio na SGHN.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *