Presentación do libro “Sabela, almiranta dos mares do sur”

O venres, 2 de marzo presentouse o libro “Sabela, Almiranta dos mares do sur “no Centro Cívico de Canido.

Nun salón de actos repleto de público, asistimos a un acto no que o autor, Arturo Iglesias, introducido por Antón Cortizas explicounos o por que deste libro . Despois de Exeria, Arturo Iglesias continua relembrándonos a existencia de mulleres galegas que na súa vida foron quen de realizaren tarefas que a vida non lles permitía, nun mundo dominado apenas por homes.

En dez capítulos, que teñen a particularidade de seren contados por cadansúa personaxe, todas diferentes, todas con distinto ollar, narra a viaxe de Sabela e o seu home, Bendaña, dende o Callao, no Perú até as illas Salomón, na calidade de adiantados. E é ela quen, por falecemento do seu home, vese ao mando dunha pequena frota de barcos completando unha singradura nunca antes realizada.

Unha fermosa edición, con ilustracións de Xosé Tomás, que ademais conta, en recadros á parte do texto novelado, informacións históricas correspondentes ao século XVI, época dos feitos narrados.

GALERÍA DE FOTOS

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *