Presentación do libro “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto

Magnífica a presentación que o día 11 de febreiro, na sede da Sociedade Galega de Historia Natural, fixo Xurxo Souto do seu libro Contos do mar de Irlanda.

Historias e sucedidos dos galegos que navegaron e bautizaron moitos daqueles mares: A Pistola, O Calcetín, Mar do Carburo, Mar das Galiñas…, o que amosa a loita duns homes que tiñan que aventurarse na procura dun sustento sempre difícil. Irlanda, Terranova, Cape Town… e Galicia non como o noroeste dunha península, senón como un centro do mar. Co seu acordeón e a participación do público, Xurxo acompañou a presentación coas Cantigas para Terrícolas, todas con sabor salgado.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *