Presentación do libro “A PAISAXE DA NACIÓN” de Xesús. A. López Piñeiro

O mércores 22 de Novembro , nos locais da ASC Muíño do Vento, tivo lugar a presentación do libro A PAISAXE DA NACIÓN. Ideoloxía en imaxes da pintura galega de 1912 a 1930. Realizou esta presentación o autor Xesús A. López Piñeiro, licenciado en Historia da Arte e crítico en xornais (Diario de Ferrol, A Nosa Terra…).

Mantivo o autor que o nacemento da pintura de paisaxe galega, supuxo un enfrontamento coa estética española que se estaba a facer nos anos 10 e 20 do século pasado .Esta pintura foi a representación estética das Irmandades da Fala que nacerían no ano 1916 e que deron sustento ao nacionalismo galego. Pasou logo Xesús López Piñeiro a analizar  obras dos máis destacados pintores deste movemento pictórico centrada na paisaxe. E así foron visionadas, comentadas e comparadas as obras de Francisco LLoréns, Bello Piñeiro, Abelenda Zapata, Imeldo, Corral e Castelao.

Ao longo da conferencia e tamén como resumo final, o autor de A PAISAXE DA NACIÓN,  mantivo a idea da necesidade de reivindicar a nosa Historia e nomeadamente a nosa Historia da Arte, intencionada e teimosamente deturpada dende unha visión allea a Galicia.

PRESENTACIÓN COMPLETA.

GALERÍA DE FOTOS

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *