Presentación da páxina web

O día 19 de xaneiro tivo lugar, no local da Sociedade Galega de Historia Natural, a presentación da nosa páxina web a cargo do autor, Ramón Casadó, quen explicou polo miúdo o traballo realizado, así como as modificacións previstas.

Finalizada a presentación, unha trintena de socios e simpatizantes de Muíño do Vento fixemos unha cea de confraternidade e en agradecemento a Ramón pola súa dedicación, grazas á cal podemos contar cunha ferramenta indispensábel para amosar as nosas actividades.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *