Mostra escultórica de Manuel Ángel Méndez

Manuel Ángel Méndez Bellón (Narón, 1974) comezou a súa actividade escultórica no ano 1992. Realiza obras en ferro e mais en aceiro, que en ocasións combina con outros materiais como cemento ou madeira.

A súa obra foi seleccionada para participar en diversas exposicións e certames, tanto en Galicia como fóra dela: Certame “Galería Burela”, Burela; “Artxove”, Pontedeume; “Unha obra, unha mirada”, Cerdido; “Novos creadores”, Narón; “XVI Certamen Rosa del Azafrán”, Ciudad Real; “XXIV Certamen de Artes Plásticas Miguel González Sandoval”, Sevilla; “V Certamen Nacional TransformArte 2012”, Sevilla; “Convocatoria de Escultura Colectivo La Salita”, Gijón…

En 2003 obtivo un accésit no “XVII Certame Galego de Artes Plásticas Xuventude”, convocado pola Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado, e en 2010 mereceu o primeiro premio, na categoría de escultura, no “XV Certame de Arte Galería Burela”, convocado polo Concello de Burela a través da súa Delegación Municipal de Cultura.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *