I Encontro de Documentais e Curtas do Muíño

O xoves 1 de outubro, nos locais da SGHN, tivo lugar o Iº Encontro de Documentais e Curtas do Muíño.

Presentouse en primeiro lugar o documental Maio, maio entra en Canido. Este documental, que recolle a tradicional festa dos Maios en Canido, feito coa participación da veciñanza e centros educativos do barrio, foi patrocinado pola ASC Muíño do Vento e realizado pola produtora La Cuerda Floja.

A continuación, presentáronse as curtametraxes De baixa, de Juanín Ares Gondel, Ferrol mola, de Cristina Esteiro, e Por un puñado de Euros, de Carlos Quirós.

Este exitoso Iº Encontro de Documentais e Curtas do Muíño foi coordinado por Juanín Ares Gondel. No outono de 2016 presentaremos os II Encontros.

GALERÍA DE FOTOS

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *