I certame literario escolar “Inventa unha flor”

O sábado 4 de maio, a praza do Cruceiro de Canido encheuse de amigos e amigas que quixeron celebrar a entrega dos premios do certame literario Inventa unha flor, e do I Premio Muíño do Vento de Textos de Contraportada. 

Dende o cruceiro, flanqueado por dous Maios e convertido en escenario, o escritor Antón Cortizas presentou os actos, que contaron coas actuacións dos nenos e nenas do coro da ANPA do colexio Cruceiro de Canido, da Cuadrilla do Campo de Chao, do gaiteiro Antón Varela, do grupo de baile Mario Escudero e de Mundo Piruleta Teatro.

Dous alumnos de cada centro escolar leron cadan seus traballos e todos os premiados do concurso Inventa unha flor que acudiron á festa recibiron cadanseu caravel, un agradecemento simbólico pola súa participación no certame, ademais dun diploma que se entregou en cada un dos centros. Os traballos recolléronse nun libro dixital que se publicará nas páxinas web dos centros, na de Muíño do Vento e na daquelas asociacións, ANPAS, etc. que o desexen.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *