Homenaxe a Pedro Guimarey Filgueiras

O  xoves 14 de xuño Muíño do Vento, coa colaboración do Concello de Ferrol celebrou  unha homenaxe ao político e escritor ferrolán Pedro Guimarey Filgueiras (1905-1936), fusilado ao principio da Guerra Civil por un grupo de falanxistas.

Ás 19.00 horas o alcalde de Ferrol, descubriu unha placa na súa memoria na esquina das rúas Rubalcava e María, preto de onde naceu o xornalista ferrolán.

A continuación, tivo lugar un emotivo acto no Centro Cívico de Canido no que interviñeron: Jesús Guimarey Mascaró, en representación da familia;  Antonio Casal Velázquez, Rubén Labisbal Pérez e Manuel Pita Gómez, estudosos da figura do escritor e político ferrolán;  Catuxa Pita, que co seu acordeón nos recordo o amor de Guimarey pola música; o grupo de teatro de Muíño do Vento, cun fragmento dramatizado de Pepa Andrea, a obra de máis calado do autor; e Jorge Suárez, alcalde de Ferrol, que nos recordou  que con actos como este “o pobo de Ferrol honra a memoria das persoas que deixaron a súa vida na defensa da legalidade vixente e da liberdade na Segunda República”.

Este acto inicia unha serie de conmemoracións, organizadas por Muíño, que continuarán  no mes de setembro, aniversario do seu asasinato con múltiples actividades (exposición sobre a súa figura, edición facsímile  e publicación dun audio-libro de Pepa Andrea).

 Lembrámosvos a todos que Muíño ten aberto un Crowfounding para poder financiar estas actividades.

GALERÍA DE FOTOS

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *