Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro

O venres, 14 de decembro, tivo lugar en Canido un acto poético-musical para honrar a figura de Celso Emilio Ferreiro no cetenario do seu nacemento.

Con esta homenaxe, as asociacións e colectivos participantes A Revolta de Trasancos, Ateneo Ferrolán, Bartoleta Teatro, Fuco Buxán. I.E.S. Canido, Lefre de Caldereta, Poesía Salvaxe, A Cuadrilla do Campo de Chao e Muíño do Vento quixémonos sumar á morea de actos que veñen facendo por todo o país ó longo desde ano. Por causas meteorolóxicas, o acto tivo que ser transladado do lugar programado inicialmente -a rúa que leva o nome do homenaxedo, diante do muro do antigo cemiterio de Canido- para o salón de actos da sede da Sociedade Galega de Historia Natural.

img 4377 2A parte musical correu a cargo de A Revolta de Trasancos, Manolo Bacallau e A Cuadrilla do Campo de Chao. E emocionáronnos co seu bo facer ao transmitirnos as palabras do noso poeta: Fernando Ocampo, Eliseo Zaera, Antón Cortizas, Claudia, Karloty, Lorena Calaza e Rosa Méndez. Continuou esta entrañable conmemoración escoitando a gravación do poema “Carta á miña muller” na voz de Celso Emilio, para acabar cantando os/as presentes o noso himno.

img 4365 2

Foi un fermoso encontro de unidade arredor da poesía e a música, en recoñecemento de Celso Emilio Ferreiro. Poesía e música que todos os/as participantes recoñeceron como necesaria na loita por un mundo máis xusto. Oxalá que a poesía e a música sigan encontrándonos moitas veces, e que a voz dos artistas comprometidos cun mundo novo se escoite en cada recuncho dos nosos barrios. Quedan moitas muiñadas por facer.

Ergueremos a espranza. Canido, decembro de 2012.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *