Festa do IV Certame Literario Escolar “Inventa unha flor”

O sábado 7 de maio, tivo lugar a festa de entrega de recoñecementos da IV edición do Certame Literario Escolar “Inventa unha flor”.

Este certame naceu da man da Asociación Sociocultural Muíño do Vento para promover os valores de solidariedade e amor á lingua e á Natureza, así como para contribuír a manter viva a tradición dos Maios. O acto transcorreu no Centro Cívico de Canido, cedido, xunto con outros medios necesarios, polo Concello de Ferrol.

Os alumnos do IES Canido Clara Vizoso e Martín Díaz presentaron a Festa, que contou coas actuacións do Grupo de Baile Mario Escudero, de Xoán Padín e do Colectivo Máxico Lorc&Julit Ferrol, ademais das actuacións musicais de alumnado dos centros educativos participantes: Carlota e Martín (IES Canido), María Romero (IES Canido), Tamara e María (IES Canido), Eighth Swing (varios centros), Coro do alumnado de Primaria do CEIP Cruceiro de Canido e Coro do alumnado de Primaria do Colexio San Rosendo.

Dos doce traballos escollidos por cada centro, foron seleccionados tres, que os autores e autoras leron ante o público asistente. Ao final da festa, os 48 recibiron un diploma e unha medalla comemorativa desta edición, obra da ceramista Susana González Amado. Todos eles compoñen o libro electrónico que se pode abrir no enlace que aparece ao final deste artigo.

Como agradecemento á xenerosidade dos centros educativos participantes -IES Canido, CEIP Juan de Lángara, CEIP Cruceiro de Canido e Colexio San Rosendo-, Muíño do Vento entregou unha medalla a un representante de cada un deles.

Maio, maio entra en Canido

TRABALLOS DO “IV CERTAME LITERARIO INVENTA UNHA FLOR”

GALERIA DE FOTOS

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *