Exposición e conferencia de «Salas de Cine na Comarca de Ferrol»

Do 15 ao 19 de maio, no Centro Civico de Canido, puidemos visitar a exposición Salas de cine na comarca de Ferrol. Ademais, o día 16 asistimos á conferencia de Luís Calvo Teixo Salas de cine.

O cine foi durante moitos anos algo máis que unha arte. Foi un referente económico, social e cultural.

Esta exposición, feita pola Asociación Cultural Con Xeito, sobre o cine e a súa impronta na comarca de Ferrol-Eume e Ortegal trata de recoller esa memoria colectiva que, nun cento de anos, tivo moita importancia nas vivencias das xentes e moitas familias.

Cada cine foi unha fábrica de soños que escribía a súa historia día a día, sesión a sesión, cos cambios políticos, sociais, económicos e culturais que vivía a sociedade.

Todos lembramos unha proxección que significou moito e gardamos ese recordo dunha pantalla branca na cal se proxectaban os nosos soños. Isto sen falar dos tempos nos cales aqueles ambulantes cargaban na súa tartana aquelas primeiras “vistas máxicas” para poder presentar o cinematógrafo en todos os recunchos de Ferrolterra, ou mesmo os “mestres” que interpretaban ao piano aquelas pezas cando o cine era mudo. (Texto de Luís Calvo Teixo).

GALERÍA DE FOTOS

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *