Chicha, Maru e Finuca

O venres 22 de febreiro, no local da Sociedade Galega de Historia Natural, tivo lugar o terceiro dos nosos Parladoiros ao serán.

img 8562O venres 22 de febreiro, no local da Sociedade Galega de Historia Natural, tivo lugar o terceiro dos nosos Parladoiros ao serán. Resultou un acto animado e participativo, por canto eran tres veciñas ben coñecidas de Canido -Chicha López, Maru Fernández e Finuca Díaz- as que contaron as súas vivencias, despois dunha breve e axeitada presentación a cargo de Antón, neto de Maru Fernández.

Os recordos da infancia, dos xogos, das festas ou dos traballos agromaron de maneira festiva, sempre acompañados das achegas do público. O moderador, Eliseo Zaera, finalizou o acto recollendo as palabras dun invitado do público, ao comentar que Canido é un barrio onde aínda está vivo o saúdo de cortesía na rúa, entre persoas que non se coñecen. Manter ese espírito é labor da veciñanza e un dos obxectivos cos que naceron estes Parladoiros.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *