Charla “Violencia de xénero: a súa prevención é posible”

O xoves 28 de xaneiro, na sede da SGHN, tivo lugar a charla Violencia de xénero: a súa prevención é posible, coa psicóloga Coca López Díaz e o avogado José Ángel Sanz López.

A xornada dividiuse en dúas partes: na primeira, a psicóloga Coca López Díaz expuxo as raíces do machismo e, polo tanto, da violencia de xénero como máxima expresión deste. Referiuse ás diferenzas sexo-xénero, sendo a través deste último e dos axentes socializadores como se vai interiorizando a idea  e o comportamento do que é ser unha muller e do que é ser un home, o que chamariamos o proceso de socialización. Expúxose a definición da violencia de xénero, os seus tipos, o ciclo da violencia de Leonor Walker (fase de tensión, agresión e lúa de mel), cáles son as causas polas que unha muller “aguanta” unha relación de malos tratos: medo, habituación, indefensión aprendida… E, por último, as lesións tanto físicas como psicolóxicas que sofren as mulleres vítimas de malos tratos.

Na segunda parte, o avogado José Ángel Sanz López expuxo a importancia de como poñer unha denuncia, de asesorarse e o dereito da vítima a ter un avogado no momento da denuncia, que llo ten que facilitar a policía da quenda de Violencia. Explicou que a denuncia se pode poñer no xulgado, na  comisaría e na garda civil, mais para que haxa Comparecencia (Xuízo rápido), ten que ser nos dous últimos: comisaría ou garda civil.

Unha vez que se produce a comparecencia ou xuízo rápido, ao outro día de poñer a denuncia, a muller xa sae cunha Orde de Protección. Ás dúas semanas, hai un xuízo con testemuñas, vólvese tomar declaración á muller e ao suposto agresor e dítase sentenza, da que xa saen unhas medidas penais e unhas medidas civís ( pensión alimenticia, réxime  de visita…); estas últimas teñen unhaa validez de 30 días en que se ten que presentar aa demanda de divorcio.

Por último, proxectouse a curta de Iciar Bollaín “Amores que matan”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *