Charla sobre “Os camiños da edición actual”

Amena e proveitosa charla a que tivo lugar o día 22 de outubro na sede da Sociedade Galega de Historia Natural a cargo de Fernando M. Cimadevila, escritor e editor do selo Contos Estraños.

O outro relator anunciado, David Cortizo, editor de Urco editora, non puido desprazarse a Ferrol nesta ocasión.

Deste sector, fundamental para o desenvolvemento dunha cultura, debullou Cimadevila múltiples aspectos: publicación, autoría, axudas institucionais, futuro da edición… O público asistente participou coas súas preguntas e comentarios.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *