Charla «O Samaín» por Rafael Lòpez Loureiro

Nos locais da SGHN, o 28 de outubro, Rafael López Loureiro impartíu unha charla que levaba por título » O Samaín».

Celebración á que o ponente adicou moitos anos de estudio sendo o gran impulsor da tese da galeguidade desta festa. Cerne da charla foi a defensa apaixonada  da celebración do noso,nomeadamente do Samaín,resumo de costumes ,de lendas,de tradicións. Defensa denunciadora de deturpacións e imposicións alleas que mudan as nosas festas populares en esperpenticas imitacións alienantes marcadas polo consumismo.

Para o vindeiro ano a Festa de Samain virá a cumplir unha carta de século.Lonxe van quedando xa aqueles desvelos primeiros que a directiva da S.C. Chirlateira, a proposta de servidor, decidira acometer un proxecto cultural, educativo e artístico novedoso e orixinal. Novidade era que prantexásemos unha festa branca, limpa, infantil, que fuxise tanto das celebracións gastronómicas ao uso coma dos desmadrados festivais musicais que tanto se estilan. Orixinal era que escollésemos un modesto enredo tradicional do mundo rural, a calivera de melón,  para argallar ao seu arredor unha proposta festeira baseada no máis profundo ser antropolóxico galego: a morte e os seus arredores. E amáis quería ser unha chamada de atención a conciencia do orgullo de ser quen somos: facíase exactamente insufrible que os nosos fillos estivesen a recibir o tallado de caveiras nas cortizas dos melós coma un exercicio de aculturización americana, adubado da parafernalia publicitaria do Halloween. ¡Como se nunca os galegos tallásemos caliveras de melón ¡ ¡ Como se as caliveras de  melón non fosen un fenómeno europeo transplantado ao novo continente pola emigración¡

Resulta certamente misterioso comprender como é posible que este  fermosísimo xoguete tradicional poido pasar desapercibido para toda a historiografía etnográfica galega. Non resulta fácil explicar como é posible que  non se atopen citas escritas, referencias iconográficas ou descripcións literarias. Non deixa de abraiar que os nosos ilustres devanceiros deixaran pasar este singular costume sen facer nen unha soa referencia a el, moito máis cando é seguro que sendo eles nenos tiveron que facelas ou velas facer.

A Festa de Samain veu ser así unha chamada arrebatada para non só retornar a tallar caveiras, senon tamén para  poñer os sete sentidos na defensa das nosas tradicións e na súa valoración arruallada. Nestes  anos podemos chufarnos de ter conquerido a revitalización das caliveras de melón  extendendo a nosa proposta por toda a xeografía de Galizia. Hoxendía son moitas as propostas festeiras que toman como modelo a nosa, e tal cal cogumelos de outono, xurden pola xeografía do país “samaines “ a eito enchendo as noites da invernía co escintilar das caliveras de melón.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *