Charla “Enerxías Alternativas” por Camilo Casal

Atendendo á grande importancia que ten en multitude de aspectos, e á polémica que suscita este tema, Muíño do Vento organizou unha charla sobre Enerxías alternativas. O único camiño.

Foi o pasado día 30 de febreiro, no local da Sociedade Galega de Historia Natural, e correu a cargo de Camilo Casal, químico, profesor retirado, e estudoso do mundo da enerxía. O relator fixo unha exposición sobre as diferentes clases de enerxías, o seu impacto na natureza e na economía, e os motivos polos que os diferentes gobernos non apostan por modelos máis sustentables que os combustibles fósiles, que inevitablemente desaparecerán nun horizonte non lonxano.

O propio ponente, Camilo Casal García, preséntanos o seguinte resumo da súa charla.

Modelo enerxético actual: baseado no consumo masivo de enerxías fósiles e nuclear. Moi contaminante, caro (cada vez máis), enormemente centralizado, despilfarrador, que só favorece a conta de resultados de Iberdrola, Endesa e Gas Natural, que nos fai enormemente dependentes do petróleo e o gas extranxeiros,..

Cómpre a súa sustitución desde xa, progresiva, por outro sustentable, baseado nas renovables (eólica, solar fotovoltaica e termoeléctrica, biomasa, xeotérmica e demais) os empregos verdes,aforro e eficiencia enerxética, o autoconsumo eléctrico, a redución na produción de residuos, a reutilización e a reciclaxe, I+D+i, etc, que nos permita democratizar a enerxía (e, xa que logo, mudar o modelo social), limpo e cada vez máis competitivo, descentralizado, que nos independice da tiranía dos grandes grupos eléctricos e dos países produtores de petróleo e gas.

Para o desenvolvemento do mesmo, hai tempo que a UE propuxo un sistema para incentivar a implantación das renovables (en vez de castigar ás enerxías convencionais por sucias e antieconómicas): son as “primas” (que non subvencións, como insisten e insisten as Iberdrola e compaña, que, eles sí, reciben as reciben desde tempo inmemorial), que irían a menos a medidas QUE AS DIVERSAS TECNOLOXÍA FORAN MADURANDO. Conseguiron que o actual goberno as eliminase (tamén o anterior, do Psoe axudou decisivamente), incluso con carácter RETROACTIVO, o que nos vai costar a todos unha sangría económica, mentres que ambos gobernos se foron “de rositas”.

A perspectiva para que se vaian implantando por estes lares, non é para ser moi optimistas. O “lobby” das eléctricas é moi poderoso, compra aos partidos políticos e aos medios de comunicación con xenerosas axudas económicas; os traballadores maioritariamente non están afiliados aos sindicatos de clase e non son combativos coma os mineiros (aínda que numericamente eran moitos máis), a patronal das renovables estaba moi desunida (ultimamente parece que aprenderon),….As que resistan este ataque despiadado propiciado polos “señores del gas”, que queren recuperar unhas inversións a todas luces esaxeradas, aínda terán a oportunidade de seguir gañando concursos polo mundo adiante gracias a unha tecnoloxía de vangarda e unha gran experiencia que os fai ser moi competitivos (refírome principalmente á eólica e as solares, que nos próximos anos se van desenvolver de xeito imparable.

E a todo isto o prezo da enerxía eléctrica que se dispara, por mor fundamentalmente da falta de transparencia desa famosa subasta trimestral (que agora parece que vai desaparecer) e os beneficios astronómicas das tres grandes xa citadas, que están nos postos de cabeza en canto a ganancias se refire ao longo e ancho da UE. E todo iso a pesares do tamén famoso déficit de tarifa (un auténtico déficit de descaro, que só existe aquí) e do cal culpan demagoxicamente ás renovables. Lamentable

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *