Agradecementos

Muíño do Vento quere agradecer moi especialmente a colaboración desinteresada que nos prestan as seguintes asociacións, entidades e persoas a título individual, grazas ás cales é posíbel que o noso labor vaia adiante.

 

AGRADECEMENTOS ESPECIAIS

◊ Á Sociedade Recreativa Deportiva Canido, pola desinteresada cesión do local onde levar a cabo as nosas actividades.

◊ A Ramón Casadó Sampedro, pola creación desinteresada da nosa páxina web.

◊ Á Sociedade Galega de Historia Natural, pola cesión desinteresadas das súas instalación para realizarmos determinados actos.

◊ A Carlos e Manuel Calvo Pita, polas súas facilidades para que poidamos contar cun espazo que multiplica o noso labor.

◊ A Leopoldo González Rapela (Poldo Rapela), pola xenerosa doazón do cadro A Casa do pobre para o I Premio “Muíño do Vento” de Textos de Contraportada.

◊ A Juan Veiga, pola doazón dunha caricatura que foi unha regalía.